Para celebrar o décimo aniversario da App Store decidiron recuperar un dos seus primeiros xogos, o Texas Hold’em de Apple, xogo creado orixinalmente para iPod e logo levado ao iPhone, que hoxe mesmo estrea versión 2.0, o que é toda unha sorpresa, xa que a súa anterior actualización, a 1.1, data do 31 de agosto de 2008.
Este novo Texas Hold’em presenta un deseño renovado, novos personaxes, gráficos espectaculares e un xogo máis desafiante, manténdose de balde, polo que é todo un imprescindible para os amantes deste tipo de xogo de naipes. No xogo os contrincantes apostas e teñen xestos secretos, inclúe 10 escenarios emblemáticos (como Las Vegas, París ou Macao), ten modo multi-xogador en liña para ata 24 xogadores, permite enfrontarse con ata 8 amigos por Wi-Fi no modo multi-xogador e tamén deixa conmutar entre unha vista da mesa dende arriba ou unha inmersiva vista en primeira persoa.
Texas Hold’em volve para celebrar os 10 anos da App Store
Compartir Este Artigo

