As tendas dixitais de videoxogos, co gallo do Black Friday, están nun dos seu períodos de rebaixas máis importantes do ano, pero ofrecer descontos de ata o 75% durante estes días non é dabondo para chamar a atención dos usuarios, de aí que na Epic Games Store decidiron convidar aos xogadores a visitalos ofrecendo totalmente de balde un dos mellores xogos de plataformas dos últimos anos: Rayman Legends.
A promoción está dispoñible ata o 6 de decembro, e só precisamos dunha conta na tenda de Epic para poder facernos con este xogo de xeito gratuíto. Rayman Legends ofrece divertida acción a través de máis dun cento de mapas, amenizando as aventuras con impresionantes deseños gráficos e divertidas cancións que converten a experiencia de xogo en toda unha festa.
Outro xogo de balde
Ao remate da promoción de Rayman Legends a tenda de Epic Games ofrecerá de balde o xogo Joton: Valhalla Edition, xogo con debuxos feitos a man, cheo de acción e exploración e ambientado nun mundo de mitoloxía nórdica que está protagonizado por unha guerreira viquinga chamada Thora, quen tras unha morte indigna ten que demostrar a súa valía ante os deuses para poder acceder ao Valhalla.

