Hoxe sae á venda Dragon Ball Z: Kakarot, novo xogo baseado na serie de animación de As Bolas Máxicas, que desta volta non se limita a ser un título de loita, senón que permite lembrar a historia central de Dragon Ball Z, partindo da chegada do irmán de Son Goku, Raditz, ao planeta Terra, o que desencadeou unha serie de sucesos que remataron cun épico combate contra a criatura máxica Buu.
Este novo título chega en versións para Xbox One, PlayStation 4 e PC, sorprendendo ao deixar explorar dun xeito sen precedentes o universo creado por Akira Toriyama, de xeito que aparte de loitar e adestrar, tamén poderemos pescar, comer e incluso revivir un dos momentos máis ridículos de toda a serie de animación: cando Son Goku e Picoro sacan o carné de conducir.
Un xogo claramente dirixido a amantes da serie de anime, que precisamente por iso non está dispoñible só nunha edición estándar, senón que tamén conta con edicións que inclúen contidos dixitais adicionais e incluso unha completísima edición para coleccionistas que destaca por un diorama exclusivo de 20 x 20 x 20 centímetros no que podemos ver a Son Goku e Son Gohanda voando sobre a nube Kinton xunto a un dinosauro.
Tráiler de lanzamento do xogo

