Os Xogos con Gold do mes de maio son toda unha aposta de Microsoft por chegar a un público moi amplo a abordar xéneros moi diversos, de xeito que, sen ter títulos notables, poderá convencer a moitos polo mero feito de incluír xogos que non adquiriran previamente e que poden achegar diversión durante o que reste de confinamento.
O primeiro xogo de Xbox One que chegará en maio será V-Rally 4, un simulador de condución con máis de 50 vehículos famosos que haberá que dominar en perigosas carreteiras e en condicións hostís, que por fortuna conta canto con multixogador local para 2 persoas como xogo en liña para ata 8 xogadores, algo moi de agradecer nestes momentos de reclusión.
Na segunda metade do mes recibiremos Warhammer 40.000: Inquisitor – Martyr, un xogo de rol e acción desenvolvido polos creadores de The Incredible Adventures of Van Helsing que colócanos no rol dun Inquisidor do Imperium que terá que purgar o Caos da fortaleza-mosteiro chamado Martyr. Este título tamén permite xogo local para 2 persoas e ata 4 xogadores en liña.
Máis curiosos son os xogos de Xbox 360 retrocompatibles con Xbox One, xa que por unha banda temos o Sensible World of Soccer¸ un títulos de fútbol dos anos 90 que adaptouse a máquinas da anterior xeración, e que só semella apto para amantes do retro; así como Overlord II, un xogo de fantasía e destrución que non conseguiu unha grande relevancia, pero que pode resultar entretido para os amantes dos xogos de rol de acción.
Vídeo promocional dos Xogos con Gold de maio

