BioWare estreou hai máis de 20 anos o xogo de rol Baldur’s Gate, que inspirado (coa correspondente licenza) no clásico Dungeons & Dragons conseguiu consolidarse como unha franquía de éxito en ordenadores persoais que chegou a adaptarse a consolas en versións melloradas dos xogos orixinais, e que Larian Studios está a recuperar con Baldur’s Gate III, xogo que tiña previsto ver a luz este mesmo mes, pero que finalmente confirmaron que chegará a Steam e Stadia o 30 de setembro en acceso anticipado.
Advirten que o xogo chegará pouco pulido e só cos contidos do seu primeiro acto dos tres que están previstos, de xeito que os que queiran gozar dunha experiencia completa deberían agardar ao xogo final, que aínda está bastante lonxe de ver a luz. Para ir introducíndose nesta historia está dispoñible dende hai preto dun ano o xogo de rol en formato libro Baldur’s Gate: Descent Into Avernus, que desenvólvese na quinta edición de Dungeons & Dragons e, ambientado un cento de anos despois de Baldur’s Gate II, está considerado como precuela de Baldur’s Gate III.
Vídeo no que dan conta da data de lanzamento do acceso anticipado a Baldur's Gate III

