O vindeiro venres Disney+ estrea a segunda tempada de The Mandalorian¸ serie que é o seu principal éxito e que, pese a carecer de adaptación aos videoxogos sorprende por ter inspirado un mando para Xbox One coa súa respectiva base de carga, que sairán á venda o 31 de decembro a un prezo de 189,99 euros.
Este mando sen fíos para Xbox One e o seu soporte de carga veñen decorados cun patrón que busca lembrar o aceiro beskar da armadura do protagonista da serie televisiva, a base de carga presenta un estudo co casco mandaloriano, o mando inclúe o emblema de Din Djarin e na súa parte traseira ten impreso unha especie de anuncio de busca e captura da criatura alcumada como Baby Yoda.
Este novo mando ten un deseño ergonómico, permiten a personalización dos seus botóns, ten ata o dobre de alcance sen fíos e o seu sistema de contacto magnético permite xogar cunha soa man mentres se carga.
Un produto que non busca innovar tecnicamente senón simplemente captar a atención de coleccionistas e amantes da serie de Disney+ que xa teñan unha Xbox One. Cómpre advertir de que, o mando será compatible coas futuras Xbox (aínda que non conte co novo botón de compartir nin goce do novo deseño de cruceta dixital).
The Mandalorian inspira un mando para Xbox One
Compartir Este Artigo

