Durante a xornada de onte o streamer español David Martínez (TheGrefg) fixo unha retransmisión en directo para presentar a súa propia skin para o xogo Fortnite e, non conforme con sumar 25 millóns de visualizacións en total, tivo a honra de realizar a retransmisión con máis espectadores simultáneos da historia da Internet segundo Twitch ao sobrepasar os 2,47 millóns de espectadores superando sobradamente os 660.000 espectadores que acadara en decembro durante o grande evento de fin de tempada de Fortnite e barrendo tamén os maís dun millón de espectadores que chegaron a conseguir ELEAGUE TV e PlayStation en Twitch.
Se falamos de retransmisións en español a través de Twitch de TheGrefx é especialmente rechamante, xa que quedou a moitísima distancia dos 533.239 espectadores que chegou a conseguir Ibai Llanos coa súa retransmisión das badaladas de fin de ano.
Resulta bastante curioso ver como, aínda que o inglés é a lingua maioritaria nas retransmisións en Twitch, o chinés, o ruso e o español tamén teñen un importante peso e, de feito, os streamers españois son dos que conseguen meirandes éxitos grazas, principalmente, pola proxección que conseguen ao outro lado do Atlántico.
TheGrefg supera os 2 millóns de espectadores simultáneos en Twitch
Compartir Este Artigo

