Os usuarios que están inscritos no programa de probas das consolas Xbox están a recibir nas súas Xbox One e Xbox One S|X unha nova versión do navegador web Edge que, ao igual que acontece en Windows 10, está baseado en Chromium, o que suporá unha grande mellora, xa que facilitará o funcionamento de páxinas web que non estaban optimizadas para o vello Edge e incluso permitiría acceder a servizos como o xogo na nube de Google Stadia e melloraría o seu funcionamento coas versións web de Skype e Discord.
Dado que o vello Edge para Windows 10 rematará o seu soporte o 9 de marzo, podemos entender que Microsoft quere dicir adeus ao vello navegador web en todas as plataformas, de aí que estea a actualizar tamén a versión de consolas, o que suporá unha importante vantaxe para os usuarios finais.
O navegador web das Xbox actualizarase a Chromium
Compartir Este Artigo

