O aclamado xogo Life is Strange conseguiu impactar tanto no público coa súa fórmula narrativa que non tardou en ter unha segundo entrega baixo o mesmo formato, pero cunha nova historia, Life is Strange: Before the Storm, que a finais do presente ano van remasterizarse á vez que tamén van sumar unha terceira entrega á colección, Life is Strange: True Colors. Os tres xogos poderán adquirirse por separado ou xuntos nunha Ultimate Edition.
Square Enix presentou Life is Strange: True Colors como unha historia de suspense ambientada nun universo de persoas normais terán que manexarse con poderes sobrenaturais á vez que se enfrontan a desafíos, emocións e historias humanas da vida real. Nesta ocasión a protagonista, Alex Chen, investigará a morte supostamente accidental do seu irmán valéndose do seu poder sobrenatural de émpata, que permitiralle descubrir os escuros segredos que agocha a pequena vila de Haven Springs.
En contraste coas entregas anteriores da franquía, True Colors non chegará en episodios repartidos no tempo, senón que a súa historia poderá gozarse de comezo a fin dende o primeiro día.
Life is Strange: True Colors ten previsto o seu lanzamento para o 10 de setembro con versións para PS4, PS5, Xbox One, Xbox Series X|S, PC (tanto na tenda de Windows 10 como en Steam) e Stadia.
Tráiler de Life is Strange: True Colors

