No verán Sony tiña a intención de pechar as tendas dixitais de PSP, PS Vita e PlayStation 3, como un xeito de destinar máis recursos a plataformas actuais, pero decatáronse de que tal decisión podería ser moi problemática, ao pechar a porta aos xogos clásicos de PS3 e PS Vita, polo que finalmente a PlayStation Store destas dúas plataformas non dirá adeus, evitando así os problemas que pode provocar o peche dunha tenda dixital dunha consola.

Cómpre salientar tamén que nas últimas semanas foron moitos os medios que denunciaron que o peche de servidores de PSN para a PlayStation 3 tiña unhas consecuencias moi negativas, xa que no caso de esgotarse a batería que mantén a consola en hora, tras o seu recambio a consola non podería resincronizar o seu reloxo, impedindo así o acceso aos xogos compradores legalmente que tivese instalados. Este problema constataría o feito de que os xogos descargables non son propiedade do usuario, ou sexa, que a compra respondería máis a un aluguer a longo prazo.
As tendas dixitais de PS3 e PS Vita non pecharán no verán
Compartir Este Artigo

