Dentro da campaña Play At Home, coa que Sony quere animar aos usuarios de consolas PlayStation a quedar na casa ante a situación sanitaria, están a ofrecer completamente de balde a partir de hoxe e ata o 15 de maio o reputado xogo para PlayStation 4 Horizon Zero Dawn na súa edición completa (ou sexa, incluíndo o expansión The Frozen Wilds e outros contidos descargables), o que permite o achegamento a un grande título que ten previsto estrear secuela antes de rematar o ano.
Horizon Zero Dawn sitúanos nun mundo dominado por máquinas no que emprende unha aventura unha moza cazadora chamada Aloy, que percorre escenarios postapocalípticos impresionantes nos que a humanidade sobrevive formando tribos de cazadores recolectores. A expansión The Frozen Wilds expande este mundo cun novo territorio a explorar e unha nova e misteriosa ameaza que superar.
Horizon Zero Dawn pode descargarse de balde por tempo limitado
Compartir Este Artigo

