A Rede está a converterse no principal xeito de tomar o pulso ao éxito musical, constatando a aceptación global da música latina e tamén do impacto internacional da música coreana, de aí que non debería sorprendernos que o novo tema do grupo surcoreano BTS estea a rachar marcas con Butter, tema que no día do seu lanzamento chegou a 20,9 millóns de reproducións en Spotify e, no caso de YouTube, tamén conseguiron uns 113 millóns de reproducións no primeiro día, superando a anterior marca, que curiosamente tiña a mesma formación co tema Dynamite.
Butter tamén converteuse na estrea dun vídeo musical máis importante, con máis de 3,9 millóns de espectadores simultáneos. No momento de escribir estas liñas Butter xa ten preto de 200 millóns de reproducións, confirmando o pulo que a música pop coreana ten na Internet, valéndose das plataformas dixitais para conseguir un impacto global instantáneo, cando ata hai pouco a música asiática resultaba totalmente allea ao resto do mundo e era invisible nos rankings musicais.
Vídeo musical do tema Butter de BTS

