Hai preto dun ano Google puxo á venda en España os seus auriculares Pixel Buds a un prezo de 199 euros, e desta volta, en vez de evolucionar o produto para ofrecer novas prestacións optaron por achegase ao público axustando o prezo, de xeito que en breve poderemos facernos cuns Google Pixel Buds A-Series por 99 euros en cor branca ou en cor musgo.
Estes auriculares sen fíos no só prometen a mesma calidade de son que os seus predecesores, senón que tamén inclúen prestacións avanzadas como o uso do Asistente de Google mediante a voz e a posibilidade de realizar traducións de conversas en tempo real directamente cos auriculares.
Os Pixel Buds A-Series tamén conta con axuste automático do volume en función do ruído ambiental, conta con micrófonos que céntranse na voz do usuario para ofrecer chamadas cunha voz nítida, o seu axuste ao ouvido adáptase ben a numerosas formas de ouvido e incluso conta con orificios de ventilación para reducir a presión, e incluso son resistentes á suor e á auga, para poder empregalos con tranquilidade na práctica deportiva e na rúa.
Neste momento a tenda en liña de Google permite unirse á lista de agarda para facerse cun destes auriculares en canto estean dispoñibles, sendo unha opción moi interesante para usuarios de móbiles Android.
Os auriculares Pixel Buds renóvanse baixando considerablemente de prezo
Compartir Este Artigo

