No marco da celebración da feira E3, que este ano desenvólvese de xeito virtual, temos un novo Nintendo Direct, vídeo no que realizáronse interesantes anuncios e adiantos de xogos que chegarán a Nintendo Switch nos vindeiros meses, aínda que o máis rechamante para a meirande parte dos xogadores foi o anuncio do xogo Metroid Dread (á venda o vindeiro 8 de novembro) e a publicación das primeiras imaxes da secuela de The Legend of Zelda: Breath of the Wild, do que aínda non ousan confirmar nin o título nin a data de lanzamento (apuntando ao ano 2022).
Aparte destes grandes anuncios, tamén se amosou o xogo WarioWare: Get It Together! (que sairá á venda o 10 de setembro) e Mario Party Superstars (á venda o 29 de outubro), así deixaron ver ao loitador Kazuya en Super Smash Bros. Ultimate, aseguraron que Marvel’s Guardians of the Galaxy estará dispoñible para Switch a partir do 26 de novembro (que curiosamente será un xogo que se execute na nube para poder gozar dunha experiencia gráfica á altura do resto de consolas actuais), presentaron os modos de xogo de Mario Golf: Super Rush (que chegará o vindeiro día 25) e incluso anunciaron unha nova consola portátil con formato de Game & Watch que incluirá o primeiro xogo de The Legend of Zelda, Zelda II: The Adventure of Link, a versión para Game Boy de The Legend of Zelda: Link’s Awakening e unha versión do xogo de Game & Watch chamado Vermin, modificado para que o seu protagonista sexa Link, ou sexa, que temos unha grande homenaxe a The Legend of Zelda con forma de consola portátil retro.
Vídeo completo do Nintendo Directo do E3 2021

