Un dos xogos máis ambiciosos de Microsoft, Sea of Thieves, non goza aínda da sona que merece, pero expansión que está a recibir, A Pirate’s Life, pode mudar isto, xa que esta actualización de balde é un crossver cos Piratas do Caribe da Disney, de xeito que os xogadores poderán unir forzas co capitán Jack Sparrow para salvar o Mar dos Ladróns nunha emocionante aventura orixinal.
A expansión inclúe 5 grandes relatos que conforman unha historia orixinal protagonizada por Jack Sparrow xunto aos piratas de Sea of Thieves, permitindo aos xogadores viaxar a reinos estraños e somerxerse nas profundidades do mar na súa misión para derrotar ao malvado Davy Jones.
Sea of Thieves está dispoñible para Xbox One, Xbos Series X|S, Windows 10 e Steam, así como a través do Xbox Game Pass.
Vídeo no que dan a coñecer en profundidade a nova expansión de Sea of Thieves

