Hai 4 anos o fabricante de accesorios Hyperkin presentou un novo mando para consolas Xbox One que replicaba o aspecto de The Duke, o voluminoso mando da Xbox orixinal de 2001. Este mando, compatible con Xbox One e Windows a través de cable semella que foi todo un éxito, porque Hyperkin volve agora á carga cunha edición 20º aniversario do clásico mando, que será compatible con Xbox Series X|S e Windows.
Este mando que chegará no terceiro trimestre do ano en cor branca e negra, presenta unha animación de inicio dentro do botón de Xbox, o seu cable USB-C pode extraerse e tamén é compatible con consolas Xbox One, polo que é un produto que agradecerán algúns nostálxicos, que curiosamente prefiren gozar dun mando tan estrafalario en vez de optar pola magnífica ergonomía dos mandos actuais.
Hyperkin volve render homenaxe ao mando da Xbox orixinal
Compartir Este Artigo

