As pulseiras de actividade de Xiaomi son moi populares en España, pero os modelos que chegaban ao noso mercado non incluían unha das súas prestacións máis interesantes, a posibilidade de realizar pagamentos móbiles, eiva que corrixen coa Mi Smart Band 6 NFC, que grazas á colaboración de Mastercard fará doado os pagamentos contactless, tan habituais nos tempos actuais nos que búscase reducir o manexo de cartos en efectivo.
Esta pulseira, que fai un completo rexistro da nosa actividade física grazas aos seus distintos sensores (monitoriza a frecuencia cardíaca, conta con varios modos deportivos, fai un seguimento da calidade do sono e saturación de osíxeno en sangue…), tamén integra o asistente de voz Alexa, o que incrementa considerablemente as súas posibilidades (aparte de manexar a pulseira mediante a voz tamén pode aproveitarse para o control da nosa electrónica doméstica), o que pode sorprender para un produto que ten un prezo recomendado de 54,9 euros, e chegará ao noso mercado nos vindeiros meses.
As pulseiras de Xiaomi permitirán facer pagamentos contactless
Compartir Este Artigo

