O xogo de realidade virtual Beat Saber non cesa de incorporar temas musicais e novidades nas súas distintas versións, o que agradecerán desta volta os usuarios de PlayStation VR, que coa última actualización poden gozar do modo multixogador que facilita os enfrontamentos con amigos ou rivais aleatorios de todo o mundo, que poden competir en partidas públicas ou privadas de ata 5 persoas, elixindo temas musicais de balde do xogo base ou ritmos dos lotes de música que os usuarios tivesen adquirido.
Neste novo modo podemos personalizar o noso avatar, creando un alter ego virtual futurista que exprese a nosa personalidade e estilo.
Os xogadores reciben insignias para saber como lles foi na partida (de xeito que indicarase quen foi o máis preciso ou quen foi o máis lento); os resultados poden verse nunha cerimonia de podio con fogos artificiais; e incluso poden personalizarse as cores do multixogador (elixindo as cores dos cubos e os sables).
Aparte do modo multixogador, estes días tamén están a estrear unha nova cancións de balde co gallo da Halloween, Spooky Beat, de Jaroslav Beck, que ambientarase nun contorno con temática arrepiante.
Beat Saber estrea multixogador en PSVR
Compartir Este Artigo

