O mes pasado os televisores máis avanzados de LG estrearon a posibilidade de gozar do xogo na nube a través do servizo nVIDIA GeForce Now, e agora dan un paso máis nesta mesma dirección anunciando que os Smart TV de LG que funcionen con webOS 5.0 e webOS 6.0 en 22 países (estre os que figura España) poderán gozar directamente do servizo de xogo na nube de Google, Stadia.
O servizo de Google está dispoñible a través da correspondente aplicación que pode descargase da LG Content Store, e permite gozar de máis dun par de centos de videoxogos (entre os que figuran grandes títulos como Cyberpunk 2077, Resident Evil Village, Assassin’s Creed: Valhalla ou Hitman 3) que poden gozarse ata en 4K con HDR e ata 60 imaxes por segundo sen ter que adquirir unha consola de videoxogos.
Deste xeito, os posuidores dun televisor recente de LG simplemente terían que instalar a aplicación de Stadia e emparellar un mando co seu televisor para poder gozar de grandes xogos a través da nube, conseguindo así que vexamos dun xeito cada vez máis claro os xogos como un servizo en vez de como un produto.
Stadia chega aos televisores de LG
Compartir Este Artigo

