Microsoft estreou hoxe Power On: A historia de Xbox, unha docuserie dividida en seis partes que detalla a historia de Xbox nos últimos 20 anos e que podemos ver totalmente de balde a través de YouTube e na tenda dixital de Microsoft (o que permite a súa reprodución dende a aplicación Películas y TV).
A docuserie permítenos descubrir aos grupo de apaixonados que fixeron realidade a primeira xeración de Xbox e, a través dos distintos capítulos achégannos a diferentes momentos da historia de Xbox, dende os seus humildes comezos, pasando polo difícil momento das luces vermellas, ata o intento de Microsoft de adquirir Nintendo no ano 2000.
Esta produción é un paseo nostálxico que agradecerán tanto os que xogan coa Xbox dende o primeiro día como para os que son novos no mundo dos videoxogos e queren coñecer a súa historia.
A serie documental en YouTube

