Por se había dúbidas en que Microsoft perdeu todo interese na selección de Xogos con Gold dende que ofrece o Game Pass, en xaneiro ofrecerá a que sen dúbida é a súa selección máis pobre da historia, tanto no que se refire ao prezo oficial dos xogos incluídos como á súa relevancia (son completo descoñecidos para o xogador medio).
O mes de xaneiro comezará co título para Xbox One NeuroVoider, un xogo de rol de acción de dobre mando lanzado hai preto de 5 anos; ao que seguirá Aground, un xogo de rol de minaría/fabricación lanzado este mesmo ano sen repercusión algunha.
Os retrocompatibles do mes son bastante superiores, pois por unha banda tempos o shooter espacil Radiant Silvergun, xogo lanzado para Xbox 360 hai unha década que enganchará aos seareiros dos xogos tipo Ikaruga; e despois tamén teremos Space Invaders: Infinity Gene, unha revisión do clásico de Taito que ofrece 143 niveis que superar e que pode gustar aos máis nostálxicos.
Desvelan os Xogos con Gold de xaneiro
Compartir Este Artigo

