Xa sabemos os xogos que recibirán os subscritores de pagamento de Xbox LIVE no mes de marzo, e continuando coa tónica dos últimos tempos, son títulos pouco importantes, tendo maior peso os xogos retrocompatibles e deixando claro que a estratexia actual da compañía e atraer aos usuarios ata o Xbox Game Pass.
Os xogos para Xbox One de marzo serán The Flame in the Flood, un roguelike pouco coñecido, e Street Power Soccer, un xogo de fútbol na rúa que tamén pasou totalmente desapercibido no seu lanzamento; pola contra, os xogos para Xbox 360 do mes que vén son máis coñecidos, comezando por Sacred 2 Fallen Angel, un xogo de rol de acción de certo éxito, e SpongeBob’s Truth or Square, xogo de plataformas do célebre Bob Esponxa que sen dúbida convencerá aos máis pequenos da casa pese a ser un título que o tempo non tratou precisamente ben.
Sacred 2 destaca entre os Xogos con Gold de marzo
Compartir Este Artigo

