Os subscritores de Amazon Prime teñen moitas vantaxes pouco coñecidas polo grande público, como Prime Gaming, que ofrece xogos de balde todos os meses, e desta volta permite facerse cunha selección de títulos moi atractivos, entre os que destacan o clásico The Dig, o simulador futbolístico Football Manager 2022 e Assassin’s Creed Origins.
Se ben, poder facerse co último Football Manager o agradecerán moitos (como os que gozaban no seu día do PC Fútbol), a posibilidade de engadir á nosa colección de xogos de Ubisoft Connect a primeira entrega da última iteración de Assassin’s Creed, ambientada no Antigo Exipto, resulta moi acaído, xa que serve para que os xogadores lembren esta franquía agora que adiantaron que terá unha nova entrega titulada Assassin’s Creed Mirage, que estará ambientada en Oriente Próximo e da que darán detalles o vindeiro día 10 dentro do evento Ubisoft Forward.
Shadow of the Tomb Raider de balde
Pero estes días non só os subscritores de Amazon Prime poden
conseguir xogos importantes, xa que a tenda de Epic Games está a agadallar Knockuot
City, Submerged: Hidden Depths
e, como xogo estrela desta semana, Shadow of
the Tomb Raider: Definitive Ediiton, a terceira e última entrega da
última saga de Lara Croft.

