O xogo Hogwarts Legacy, de Portkey Games, Avalanche Software e Warner Bros. Games, chegou en febreiro con versións para PC, Xbox Series X|S e PlayStation 5, e agora lanza versións para PlayStation 4 e Xbox One, o que podería mellorar este impresionante éxito que xa vendeu máis de 15 millóns de unidades mundialmente e superou os 1.000 millóns de dólares en vendas.
Con este volume de vendas de Hogwarts Legacy a Warner consegue a súa quinta franquía de videoxogos en superar os mil millóns de dólares de facturación, xunto con LEGO, DC, Mortal Kombat e Game of Thrones.
Até o momento Hogwarts Legacy é o xogo de máis éxito do presente ano, e a súa ampliación de plataformas pode axudar a que continúe así, especialmente cando no mes de xullo está previsto que o xogo estree versión para Nintendo Switch.

