As consolas Xbox One e Xbox Series X|S están a recibir paulatinamente a súa nova inferface de usuario, que atende aos comentarios recibidos pola comunidade e dos Xbox Insiders, así como da análise do uso que dan os xogadores á interface de inicio da consola.
A nova interface fai máis doada a navegación a través da Biblioteca, da Microsoft Store, de Xbox Game Pass e das opcións de Busca e Configuración da parte superior da interface de inicio mediante a incorporación dun menú de acceso rápido; ofrece máis espazo para os fondos de pantalla personalizados; mediante o fondo predeterminado ten a posibilidade de amosar arte asociada aos xogos empregados recentemente ao pasar sobre eles; propicia o descubrimento mediante listaxes de xogos personalizadas con seleccións a medida de cada persoa; permite personalizar a experiencia fixando os xogos favoritos, grupos seleccionados e grupos de opcións do sistema ao inicio; axuda estar ao tanto do que acontece na comunidade; e amosa aplicacións e contidos multimedia a través de Watch & Listen, amais dunha listaxe de aplicacións de lecer.
As consolas Xbox renovan a súa interface
Compartir Este Artigo

