Coa presentación de resultados económicos de Electronic Arts, compañía de referencia no sector dos videoxogos, anuncian que van prescindir de preto do 5% da súa forza de traballo, o que supón o despedimento duns 670 traballadores de distintas divisións, e incluso a cancelación dun xogo de acción en primeira persoa de Star Wars que estaba a desenvolver Respawn Entertainment.
Tamén aseguran que Electronic Arts está a pechar Ridgeline Games, estudio situado en Seattle, deixando claro que a industria do lecer electrónico está a pasar por duros momentos, especialmente se temos en conta que hai un ano Electronic Arts xa despediu a 775 traballadores.
Dende EA aseguran que están a reorientar os seus esforzos, para dar prioridade ás súas franquías propias, en vez de apostar por franquías de terceiros, aínda que iso non quere dicir que non vaian continuar a traballar en xogos de Battlefield ou de desenvolver unha terceira entrega de Star Wars Jedi (poñendo peche á historia de Cal Kestis), pois son proxectos que si resultan moi rendibles.
EA despedirá a uns 670 traballadores
Compartir Este Artigo

