Xbox Game Pass incorporará numerosos xogos nas vindeiras semanas, con varios de grande calidade, entre os que destaca especialmente Senua’s Saga: Hellblade II, que se estrea directamente en Game Pass e que é a secuela dun dos xogos máis reputados dos últimos anos, Hellblade: Senua’s Sacrifice, destacando unha vez máis pola súa grande inmersión a nivel gráfico e sonoro. Este xogo chegará ao Game Pass o vindeiro día 21, e poderemos gozalo en Xbox Series X|S, PC e a nube.
Pero esta mesma semana tamén temos grandes xogos, como Brothers: A Tale of Two Sons (xogo de quebracabezas de Starbreeze Studios), Chants of Sennaar, EA Sports NHL 24 (dispoñible mediante streaming) e Immortals of Aveum (shooter máxico en primeira persoa).
O 23 de maio tamén recibiremos os xogos Hauntil e Galacticare; o 28 de maio chegará Moving Out 2; seguiranlle o día 30 Humanity e Lords of the Fallen; e xa para o 4 de xuño está confirmada a chegada de Firework e Rolling Hills.
Hellblade II chega a semana que vén ao Game Pass
Compartir Este Artigo

