Os xogos de abril que recibirán os subscritores do servizo PlayStation Plus destacan especialmente por un dos seus títulos, Robocop: Rogue City, título para PlayStation 5 inspirado no filme de Paul Verhoeven que, pese a ser de 1987 segue a estar gravado na memoria de moitos que agora poderán vivir en primeira persoa o que é ser Robocop para protexer as rúas de Detroit dos delincuentes.
Aínda que este título de Nacon non é unha superprodución, convenceu unanimemente a crítica e público polo xeito de introducirnos na pel do personaxe metade home, metade máquina, todo un policía.
O xogo está ambientado entre os filmes Robocop 2 e Robocop 3 e para os amantes da versión orixinal destaca polo feito de contar co actor Peter Weller volvendo a pór voz a Alex Murphy.
Os outros xogos que chegarán a PlayStation Plus a partir do 1 de abril son moito menos relevantes: The Texas Chain Saw Massacre para PS4 e PS5 (xogo inspirado no filme A Matanza de Texas) e Digimon Story: Cyber Sleuth – Hacker’s Memory para PS4.
PlayStation Plus convídanos a meternos na pel de Robocop
Compartir Este Artigo

