Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Mozilla quere integrar a IA en Firefox ao seu xeito
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Aplicacións

Mozilla quere integrar a IA en Firefox ao seu xeito

Redacción
Publicado: 13/11/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

firefox-ai-window-2-15.jpgMozilla deu a coñecer os primeiros detalles do novo rumbo da intelixencia artificial en Firefox, unha aposta que a fundación quere diferenciar do resto do sector cun principio claro: garantir sempre a liberdade de elección do usuario. A compañía insiste en que a IA debe construírse coa mesma filosofía que a internet (aberta, accesible e orientada á diversidade de usos), e puxo como exemplo funcións recentes como o chatbot integrado na barra lateral da aplicación de escritorio ou a opción de axitar para resumir en iOS.
O seguinte paso chega coa AI Window, un espazo intelixente e totalmente controlado polo usuario que permitirá conversar cun asistente de IA mentres se navega. A novidade será opcional e poderá activarse ou desactivarse en calquera momento. Mozilla iniciou xa unha fase aberta de traballo na que invita a quen o desexe a inscribirse para recibir novidades, probar esta ferramenta antes do seu lanzamento e achegar comentarios.
A organización explica que a súa prioridade non é crear un ecosistema no que o usuario quede atrapado, senón mellorar o navegador sen imposicións. Lembra que non todos teñen as mesmas necesidades: hai quen emprega a IA a diario, quen só precisa dela puntualmente e quen simplemente sente curiosidade. Firefox pretende responder a todos estes perfís mantendo o control nas mans do usuario, que pode seguir navegando do xeito habitual, empregar unha xanela privada para reforzar a privacidade ou optar pola nova AI Window para acceder a unha experiencia máis personalizada.
Mozilla defende que a integración da IA no navegador resulta clave nun momento no que esta tecnoloxía se converte nunha das principais interfaces de acceso á web. Como navegador independente, asegura que está en mellor posición para garantir transparencia, responsabilidade e respecto pola vontade de quen navega. A fundación afástase así dos modelos que empuxan a usar a IA de forma constante e aposta por unha ferramenta que, en vez de limitar a navegación, actúe como compañeira de consulta e impulse a explorar a web.
A compañía anima a comunidade de usuarios e desenvolvedores a contribuír a definir este novo enfoque, lembrando que Firefox seguirá centrado en ofrecer unha experiencia rápida, segura e privada, ao tempo que explora como a IA pode mellorar a vida na web sen sacrificar os valores que sempre guiaron o proxecto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Aplicacións

WhatsApp comeza a ofrecer copias de seguridade na súa propia nube

17/11/2026
Aplicacións

Instagram crea Direct, unha aplicación independente para mensaxería

17/11/2026
Aplicacións

Un desenvolvedor melidense crea unha aplicación que pendura capturas de pantalla nun tendal virtual

13/11/2026
Aplicacións

EduLeo facilita a mellora da comprensión lectora

12/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?