
Mattel presentou un novo set da súa marca premium Mattel Brick Shop para celebrar o 25 aniversario da Xbox orixinal. O modelo reproduce a escala 1:1 a primeira consola de Microsoft, xunto co seu característico mando The Duke, e incorpora 3.509 pezas, iluminación, sons e varios elementos ocultos.

O interior da consola agocha tres dioramas inspirados en Halo: Combat Evolved, The Elder Scrolls III: Morrowind e Psychonauts. Estas tres escenas poden extraerse do corpo principal para exhibilas por separado e inclúen 12 figuras NanoWorld de aproximadamente unha polgada.

O mando The Duke funciona ademais como elemento de interacción. Os seus botóns permiten activar diferentes secuencias de iluminación e reproducir as bandas sonoras correspondentes a cada un dos tres xogos. O conxunto tamén esconde unha combinación de botóns que activa unha secuencia de iluminación adicional.

A construción reproduce distintos detalles da consola orixinal e está deseñada como unha peza de exhibición unha vez rematado o montaxe. A propia consola pode abrirse para mostrar o interior, onde se atopan as escenas dos xogos.
O set, identificado como Mattel Brick Shop Xbox Original, está recomendado para maiores de 17 anos e ten un prezo recomendado de 360 euros, estando prevista a súa chegada ao mercado a partir do 16 de outubro.

