

Audio-Technica amplía a súa gama de auriculares de deseño aberto cos novos ATH-AL5NC, un modelo sen fíos que combina conexión Bluetooth con 53 mm e soporte para audio de alta resolución mediante LDAC, que xa xa pode adquirirse en España por 249 euros.
A construción aberta permite que o aire circule a través das copas, o que contribúe a reducir a acumulación de calor e ofrece unha presentación sonora máis natural que a dos auriculares pechados. A contrapartida é unha maior filtración do son cara ao exterior e a ausencia de cancelación activa de ruído convencional.
Os auriculares ATH-AL5NC admiten audio sen fíos de ata 24 bits e 96 kHz mediante LDAC, ademais dos codecs AAC e SBC. Tamén incorpora conexión Bluetooth multipunto para manter dous dispositivos conectados simultaneamente.
A batería achega unha autonomía de ata 75 horas de reprodución continua, mentres que unha carga rápida de 15 minutos permite obter ata oito horas adicionais de escoita.

A través da aplicación Connect pódense modificar os preaxustes, o codec utilizado e o ecualizador, así como activar diferentes modos destinados a reducir a latencia nos xogos, diminuír o ruído percibido ou limitar a filtración de son.
O deseño busca tamén reducir a presión exercida sobre a cabeza, cunha suxeición lixeira orientada a mellorar a comodidade durante períodos prolongados de uso. A caixa inclúe un cable de 1,2 metros (que integra micrófono e controis) e unha bolsa de transporte.
