
PNY presentou a unidade SSD CS2341, en formato M.2 NVMe PCIe Gen4 x4, orientada a ordenadores persoais e á ampliación do almacenamento da PlayStation 5. A unidade alcda velocidades de ata 7.100 MB/s en lectura secuencial e 6.200 MB/s en escritura.

A PNY CS2341 emprega a interface PCIe Gen4 x4 e o formato M.2 2280, polo que está pensada para equipos compatibles con tal estándar. No caso da consola de Sony, permite ampliar o espazo dispoñible para instalar xogos e almacenar contidos.
Para a súa refrixeración conta cun disipador de aluminio extruído que axuda a controlar a temperatura durante transferencias prolongadas e cargas de traballo intensivas, co obxectivo de manter un rendemento estable.
A SSD estará dispoñible cunha capacidade de ata 1 TB e está orientada tanto a videoxogos como a aplicacións que requiren un elevado rendemento de almacenamento.
Presentado inicialmente durante a gamescom 2026, a PNY CS2341 chega ao mercado hoxe mesmo a través da rede de distribución de PNY e dos seus distribuidores asociados (como exemplo, en Amazon téñena dispoñible a un prezo de 205,78 euros, o que sería un prezo lixeiramente menor a marcas como Samsung).
