Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: LibreOffice afástase do estado actual da IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Aplicacións

LibreOffice afástase do estado actual da IA

Redacción
Publicado: 06/10/2026
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

LibreOffice non incorporará funcionalidades de intelixencia artificial na súa configuración predeterminada mentres non poidan cumprir unha serie de condicións relacionadas co control do usuario, a privacidade dos documentos e a independencia tecnolóxica.

The Document Foundation, responsable do desenvolvemento da suite ofimática, considera que a ausencia de IA é actualmente unha decisión deliberada e non unha carencia. A organización lembra que LibreOffice é utilizado por decenas de millóns de persoas en escolas, hospitais, organismos públicos, despachos de avogados e outras entidades nas que os documentos poden conter información especialmente sensible.

Calquera funcionalidade de IA deberá permitir que o usuario decida onde se executa a inferencia, xa sexa no propio ordenador, nunha infraestrutura baixo o seu control ou nun servizo que escolla libremente. LibreOffice tampouco permitirá que o contido dos documentos se transmita a servidores externos sen autorización expresa, unha condición especialmente relevante para ficheiros que conteñan historias clínicas, expedientes xudiciais, documentación de contratación pública ou datos de estudantes.

A política tamén exclúe a incorporación de telemetría asociada ás funcións de IA e esixe evitar a dependencia dun único provedor. As integracións deberán poder funcionar con diferentes sistemas ou modelos mediante interfaces abertas, en lugar de quedar vinculadas á API dunha empresa concreta.

O formato dos documentos é outro dos requisitos. Calquera contido xerado mediante IA deberá manterse en ODF e conservar a estrutura, os estilos e a semántica do documento. O obxectivo é evitar que unha ferramenta de asistencia baseada en IA introduza novas formas de dependencia de formatos propietarios.

A instalación das funcionalidades tamén deberá ser completamente opcional. Poderán instalarse ou eliminarse e deberán poder desaparecer da interface para os usuarios que non queiran utilizalas. A mesma posibilidade deberá existir para os administradores que xestionen miles de equipos e teñan políticas internas que prohiban o uso de ferramentas de IA.

Actualmente, The Document Foundation considera que non existe ningunha integración que cumpra todos estes requisitos e que poida incorporarse á configuración predeterminada de LibreOffice mantendo soporte durante todo o ciclo de vida dunha versión. A organización salienta que se trata dunha valoración do estado actual da tecnoloxía e non dun rexeitamento da intelixencia artificial como tal.

Os usuarios que queiran incorporar estas funcións xa poden facelo mediante extensións de terceiros dispoñibles para LibreOffice. Moitas delas permiten conectarse a modelos executados localmente con ferramentas como Ollama ou LM Studio, de maneira que os documentos poden permanecer no ordenador.

Estas extensións non están desenvolvidas nin mantidas por The Document Foundation, polo que a organización recomenda tratalas como calquera outro compoñente externo e comprobar especialmente se empregan servizos na nube e que tratamento reciben os datos enviados a eles.

A diferenza respecto doutras grandes suites ofimáticas tamén está relacionada co modelo de negocio. The Document Foundation é unha organización sen ánimo de lucro e non depende de subscricións, vendas adicionais ou monetización de datos para manter LibreOffice. Isto permite avaliar a incorporación da IA sen a mesma presión comercial que poden ter as plataformas cuxos asistentes forman parte dos servizos de subscrición.

A postura, con todo, non é definitiva. A fundación sinala que a execución local de modelos está a resultar cada vez máis viable en hardware convencional e que os modelos abertos están avanzando con rapidez. Se aparece unha solución que cumpra todas as condicións establecidas, será estudada para determinar se pode incorporarse a LibreOffice.

Mentres tanto, a instalación predeterminada da suite ofimática seguirá sen incluír ningún tipo de IA, mentres que as extensións permitirán aos usuarios que o desexen engadir estas funcións pola súa conta.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Aplicacións

WhatsApp comeza a ofrecer copias de seguridade na súa propia nube

17/11/2026
Aplicacións

Instagram crea Direct, unha aplicación independente para mensaxería

17/11/2026
Aplicacións

Un desenvolvedor melidense crea unha aplicación que pendura capturas de pantalla nun tendal virtual

13/11/2026
Aplicacións

EduLeo facilita a mellora da comprensión lectora

12/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?