
Tras o éxito da primeira tempada da serie Cyberpunk: Edgerunners, Netflix estrea hoxe unha segunda tempada, na que un novo elenco de personaxes vivirá novas aventuras en Night City ao longo de 10 episodios ambientados no universo de Cyberpunk 2077.
Como xa aconteceu coa anterior entrega deste anime, Cyberpunk: Edgerunners 2 tamén terá o seu espello no videoxogo de CD Projekt Red, e xa anuncian que este mesmo xoves recibirá a súa actualización 2.5, que será de balde e incluirá tanto elementos inspirados na nova serie de animación como tamén contará con novidades como a personalización do cyberware e un novo estilo de combate con dúas armas á vez.
Para afondar nesta actualización de Cyberpunk 2077 este mércores realizarán un directo en liña que poderá seguirse a través de Twitch, YouTube e Steam para que os seareiros deste importante xogo poidan coñecer de primeira man o que ofrecerá grazas ao pulo da estrea de Netflix que promete reavivar unha vez máis o título que tiveran un desastroso lanzamento, pero que, co tempo, converteuse en todo un referente.
