Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Tidal declara a guerra á música xerada completamente por IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Intelixencia artificial

Tidal declara a guerra á música xerada completamente por IA

Redacción
Publicado: 24/11/2026
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Tidal endurecerá a súa política fronte á música xerada mediante intelixencia artificial e comezará a rexeitar e retirar do seu catálogo todas as cancións creadas integramente con estas ferramentas a partir do 9 de decembro. A decisión supón un paso máis alá das medidas que xa aplicaba desde hai uns meses, cando comezou a identificar, etiquetar e retirar a monetización das pistas que detectaba como creacións completamente artificiais.

A dimensión do problema explica o cambio de criterio. Durante os últimos 90 días, o 43 % das cancións distribuídas a Tidal foron identificadas como xeradas integramente mediante IA. A plataforma rexistrou o seu maior volume de entregas deste tipo o pasado 6 de novembro, cando máis do 60 % dos temas recibidos correspondían a creacións artificiais.

Actualmente, arredor de 27 millóns de pistas do catálogo están identificadas como música xerada integramente con IA, o que representa o 6,3 % do total dispoñible. Porén, a súa presenza non se traduce nunha demanda significativa: o 96 % destas cancións non recibiu ningunha reprodución durante os tres últimos meses.

Robert Andersen, responsable de Tidal, estima que o 9 de decembro borrarán uns 29 millóns de cancións e pasarán a rexeitar entre 80 e 85 mil cancións ao día.

A nova normativa non afectará unicamente ás cancións que xa están publicadas. Tidal tamén prohibirá que os distribuidores lle envíen novas pistas creadas integramente con IA e rexeitará aquelas entregas cuxos metadatos indiquen que se xeraron exclusivamente mediante estas ferramentas. Pola contra, seguirá permitindo a música na que se empregase intelixencia artificial como ferramenta de apoio ao proceso creativo, sempre que non constitúa a única fonte do resultado final.

Outro dos motivos que impulsaron o endurecemento das medidas é a suplantación de identidade artística. Tidal asegura que retirou máis de 65.000 cancións sospeitosas de utilizar nomes de artistas para facerse pasar por eles. Esta práctica pode desviar reproducións e ingresos que corresponderían aos músicos lexítimos, ademais de inducir a erro os seus seguidores.

A plataforma considera que a acumulación masiva de publicacións artificiais dificulta que os artistas reais poidan chegar ao público e que os oíntes descubran música auténtica. O problema non estaría, polo tanto, na utilización puntual da IA como instrumento creativo, senón na distribución a grande escala de cancións producidas integramente mediante sistemas automatizados.

A aplicación destas medidas contará coa tecnoloxía de Ircam Amplify, socio de Tidal para a detección de contidos musicais xerados mediante intelixencia artificial. A súa capacidade para identificar estas creacións será determinante para aplicar a prohibición, especialmente nun escenario no que a distinción entre música asistida por IA e música xerada integramente por estes sistemas pode resultar complexa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Intelixencia artificial

OpenAI propón a perplexidade como referencia común para medir o avance da IA

23/11/2026
Intelixencia artificial

A IA abre novas posibilidades para mellorar a comunicación das peixarías coa clientela

23/11/2026
ia_ai_intelixencia_artificial_creativa.jpg
Intelixencia artificial

A IA é a tecnoloxía avanzada que máis medrou nas empresas galegas en 2025

23/11/2026
Intelixencia artificial

ChatGPT incorpora un ditado en tempo real que transcribe a voz mentres o usuario fala

19/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?