
|
Unha das primeiras video-revisións do xogo |
Halo 3 non só aproveita as prestacións audiovisuais da Xbox 360, senón que tamén aproveita a potencia da Rede amosando unhas opcións multixogador que realmente apaixonan ós seus seguidores.
Se ben aínda non está á venda en España, a crítica internacional está a ser unánime, situando a Halo 3 coma o mellor xogo da súa categoría ata o momento, de xeito que dende GamePro comentan que é «o xogo máis completo» que nunca xogaron; en Ars Technica destacan a narración do xogo, o deseño dos distintos niveis, as novas armas e vehículos e os inimigos (tanto en deseño como en intelixencia artificial); en IGN chegan a afirmar que «é difícil discutir o feito de que Halo 3 é o xogo máis completo dispoñible para calquera consola»; dende 1Up destacan as funcións de compartir capturas de pantalla, gravacións de partidas, configuracións do xogo e mapas e aseguran que o Halo 3 permite diversión durante semanas ou meses; e dende Shack News non quedan atrás o soster que Bungie «superou calquera expectación razoable» para achegar a máis completa oferta multixogador posible.

