Ata o vindeiro domingo celebrarase en Orlando (Florida, EE.UU.) a sétima edición dos World Cyber Games, que xunta á elite mundial dos videoxogos para enfrontarse en rede para ver quen son os mellores xogadores do planeta.
Nesta competición participan 700 xogadores de 74 países nos seguintes xogos:
– StarCraft: Brood War
– Half-Life: Counter-Strike
– FIFA Soccer ’07
– Need for Speed Carbon
– Gears of War
– WarCraft III
– Command & Conquer 3
– Carom3D
– Age of Empires III
– Dead or Alive 4
– Project Gotham Racing 3
– Tony Hawk’s Project 8.
Os gañadores deste espectacular evento repartiranse 500.000 dólares en premios e agardan que acade unha audiencia internacional de 30 millóns de espectadores grazas á atención que hai por este tipo de campionatos nos países asiáticos (especialmente en Corea do Sur).
O domingo rematará a final dos World Cyber Games
Compartir Este Artigo

