TN Games desenvolveu un chaleco coñecido coma 3rdSpace que permite levar as experiencias de xogo moito máis aló das 2 dimensións ou técnicas de force feedback (que se limitan á vibración ou o zunido), de xeito que o usuario que o vistan poderán notar impactos precisos que poderían ser consecuencias de navalladas, golpes ou disparos recibidos nun videoxogo, o que incrementaría o seu realismo dun xeito inédito.
Este chaleco nace dun desenvolvemento do médico Mark Ombrellaro, co que pretendía permitir operacións de telediagnóstico (serviría para palpar e presionar o corpo de doentes a distancia).
O 3rdSpace Vest venderase no mes de novembro de xeito conxunto co xogo Call of Duty II por 189 dólares, e en breve se publicará tanto un paquete de desenvolvemento de aplicacións para este dispositivo como parches que permitan o seu uso nos distintos xogos de acción en primeira persoa que hai no mercado.
Un chaleco permitirá sentir os impactos recibidos en videoxogos
Compartir Este Artigo

