
Para escarmentar ó seu fillo, o profesor de escola canadense decidiu ofertar o videoxogo nunha poxa en eBay, sorprendendo o feito de que, pese a que o prezo de venda do produto era de 90 dólares, a subhasta rematou cunha oferta dun australiano por 9.100 dólares, polo que o que pretendía ser unha lección resultou ser un negocio.
Tralo remate da poxa o pai asegurou que miraría de regalarlle ó seu cativo algún xogo para a Wii, pero que non sería o Guitar Hero III, senón que tiña en mente títulos coma Barbie: La Princesa de los Animales ou Dancing with the Stars, que sabe que van ser do gusto do seu rapaz.
Pagan 9.100 dólares por un videoxogo de 90 dólares
Compartir Este Artigo

