Eugenio Galdón, presidente de ONO, anunciou que nos vindeiros meses a súa compañía comezará a ofertar conexións á Internet a 100 Mbps a través da súa rede de cable a través da que xa comercializan conexións a 25 Mbps. Esta mellora na velocidade é posible grazas á adopción da tecnoloxía Docsis 3.02, o que confirma a aposta da empresa polo investimento en redes propias. A este respecto Galdón asegurou que as operadoras de cable investiron en España 9.000 millóns de euros, mentres que criticou a posición de Telefónica ó respecto (que está a condicionar a regulación dos futuros investimentos en redes de nova xeración).
As críticas de Galdón a Telefónica tamén se basean no feito de que Telefónica incrementase a súa cota de mercado (especialmente en ingresos) sen baixar prezos.
ONO ofrecerá acceso a Rede a 100 Mbps
Compartir Este Artigo

