Nour Polloni, produtor do xogo Alone in the Dark 5, declarou nunha entrevista á revista oficial de Xbox 360 que entre outros logros, o novo título incluirá «a posibilidade de saltar seccións, utilizando un menú ó estilo dos dos DVD» de xeito que os usuarios poderán evitar quedar atascados nunha escena moi difícil, o que permitirá que calquera xogador poida rematar a historia, o que podería desvirtuar o espírito do xogo, pero que poderá agradar ós xogadores menos experimentados.
O uso desta nova funcionalidade estaría penalizada dentro do xogo, de xeito que os usuarios que non a empreguen se verían recompensados. Queda por ver se está nova opción é ben recibida (e emulada por outros xogos) ou pasa ó esquecemento.
O novo Alone in the Dark permitirá saltar os momentos máis difíciles
Compartir Este Artigo

