Os afeccionados ós xogos de carreiras terán un novo produto no mercado da man de THQ que sairá para as consolas PlayStation 3 e Xbox 360. O novo título se coñecerá coma BAJA e non emprega coches normais, senón que nos permite tomar o control de máis de 40 vehículos de 8 clases diferentes (incluíndo 4×4, Trophy Trucks e Buggies) que se poderán personalizar.
O novo xogo achegará un realismo sen precedentes neste tipo de xogos de carreiras off-road, presentando un escenario global dunhas 100 millas cadradas que podemos percorrer en ata 4 horas.
BAJA conta cun modo multixogador no que se poden amosar 4 en pantalla partida e 8 a través da Rede.
Ata o momento só se amosaron imaxes estáticas de BAJA, que presentan unha calidade excepcional, e se agardan que nos próximos días saia un trailer no que se amose algunha escena do xogo en acción.
BAJA, o novo xogo de carreiras off-road para Xbox 360 e PS3
Compartir Este Artigo

