
Esta nova entrega dunha saga que acadou moita sona na súas versións para PC adáptase agora máis aos usuarios de consolas de videoxogos, e nos permitirá elixir entre 16 civilizacións correspondentes a distintas rexións xeográficas dirixidas por líderes históricos coma Xulio César, Cleopatra, a Raíña Isabel, Abraham Lincoln, Otto von Bismarck ou Mao Zedong, tendo cada un 4 habilidades distintas.
O xogo de estratexia por quendas permitirá unirse a partidas en rede xa iniciadas ou abandonar as mesmas sen prexudicar ao resto de xogadores (pois o exército pasará a ser controlado por unha intelixencia artificial en tal momento). Ademais, o usuarios de Xbox 360 terán contidos descargables e modo en liña para ata 4 xogadores a través de Xbox Live
A nova entrega de Civilization chegará para as consolas de nova xeración o 6 de xuño
Compartir Este Artigo

