En 1982 os usuarios da consola Atari 2600 toleaban polo xogo Pitfall, que permitía manexar a unha especie de Indiana Jones a través dun perigoso percorrido no que evitar obstáculos e o ataque de animais salvaxes, no que foi un dos primeiros xogos de plataformas, sendo especialmente lembrado por permitir superar lagoas con crocodilos valéndose dunhas lianas.
O xogo era moi básico, e chegou tamén ás máquinas recreativas, e que chegou a converterse en toda unha saga que se actualizou con gráficos 3D en 1998 (cunha versión para PlayStation) e continuou en 2004 con Pitfall: The Lost Expedition para PS2, Xbox e Gamecube. Agora anuncian que para o último trimestre do ano teremos Pitfall: The Big Adventure para Nintendo Wii, que permitirá explorar máis de 60 niveis con xunglas, covas e montañas nevadas nas que haberá que evitar trampas, coller tesouros, evitar réptiles e resolver puzzles empregando o mando da Wii.
O novo xogo está a ser desenvolvido por Edge of Reality, estudo que xa se fixera cargo de The Lost Expedition, polo que podemos agardar que a nova entrega continúe fiel á saga.
Curioso anuncio televisivo da primeira entrega de Pitfall
O clásico Pitfall ábrese paso na Wii
Compartir Este Artigo

