
O novo xogo servirá para introducir novo deseños de guitarra; incorporará batería, baixo e micrófono; permitirá crear cancións (sen voz) que se poderán nomear, agrupar en álbums e subir ao servizo GH Tunes dende o que estarán dispoñibles para outros xogadores (incluso para PS2 e Wii); contará cun modo para crear rockeiros, guitarras e baterías e polo momento xa se sabe da incorporación de temas musicais de Van Halen, The Eagles, Linkin Park e Sublime.
No tocante á batería, finalmente se confirma que non será a de Rock Band, senón que contará cunha propia cun deseño totalmente distinto, que mesmo inclúe pedal, e da que xa se filtrou unha imaxe.
Novos detalles sobre Guitar Hero IV
Compartir Este Artigo

