O último xogo inspirado en Star Wars, The Force Unleashed, non chegará ata setembro para PS2, PS3, PSP, Xbox 360, Nintendo DS, Wii e mesmo para algún móbil, pero desta volta non contará con versión para ordenadores persoais, o que finalmente xustificou o produtor do xogo, Cameron Suey, nunha entrevista para VideoGamer.com, na que asegurou que «se facemos o xogo para equipos de alta gama alguén cun PC de baixas prestacións tería unha mala experiencia de xogo. Debería ter que configurar os gráficos con pouco nivel de detalle e iso non sería o mesmo xogo», o que é unha desculpa que realmente sorprende, pois un agardaría alusións á piratería para PC ou aos altos custos do desenvolvemento da versión, pero non ás dificultades de atender a equipos pouco potentes (especialmente se pensamos que o xogo incluso contará con versións portátiles).
Unha mágoa que os usuarios que conten con equipos informáticos destinados a o uso de xogos non poidan gozar dun xogo da saga que xa deu moitas entregas de grande calidade no pasado.
The Force Unleashed non terá versión para PC polas súas esixencias gráficas
Compartir Este Artigo

