
WiiWare estrease en Europa con 6 xogos exclusivos: – Final Fantasy Crystal Chronicles: My Life as a King (de Square Enix, que se vende por 1.500 puntos Wii) – LostWinds (de Frontier por 1.000 puntos Wii) – Dr. Mario & Bactericida (de Nintendo por 1.000 puntos Wii) – Toki Tori (de Tow Tribes B.V. por 900 puntos Wii) – Star Soldier R (de Hudson por 800 puntos Wii) – TV Show King (de Gameloft por 1.000 puntos Wii).
Nos vindeiros días tamén chegará xogos coma Pirates: The Key of Dreams e Pop. Entendemos así que en vez de grandes xogos, WiiWare permitirá que cun desenvolvemento semellante ao de xogos para o móbil se poida achegar orixinalidade e diversión á Wii, cunha oferta de xogos que resultarán sumamente atractivos para xogadores ocasionais.

