O vindeiro 27 de xuño chegará a España o xogo Guitar Hero: Aerosmith para Wii, PS2, PS3 e Xbox 360, de xeito que a música da banda de Steve Tyler soará con forza en bastantes plataformas de xogo. Xa sabemos o prezo das distintas versións, que será de 69,95 euros na súa edición básica para as consolas de nova xeración (só 39,95 euros no caso da PS2) e de 99,95 acompañado por unha guitarra sen fíos para Xbox 360 e PS3, mentres que para PS2 se venderá unha versión co 2 guitarras con cable por 89,95 euros.

Como curiosidade, podemos comentar que na emisión norteamericana da serie de televisión Cómo conocí a vuestra madre se puido ver a un dos seus protagonistas xogando ao Guitar Hero: Aerosmith xa que a guitarra que presenta leva a cuberta especial desta versión. Estas promocións son habituais, pero sorprende que se fagan antes do propio lanzamento do xogo.
Trailer do xogo

