
As probas atléticas nas que poderemos tomar parte serán as carreiras de 100, 200, 400, 800 e 1.500 metros lisos e 110 metros vallas masculinos (e 100 metros vallas femininos), salto de altura, salto de lonxitude, salto con pértega, triplo salto, lanzamento de martelo, lanzamento de disco, lanzamento de xavelina e lanzamento de peso (cada proba en categoría masculina e feminina).
Nos casos dos xogos de carreiras, os usuarios poden optar por mover o mando de xogo de esquerda a dereita a grande velocidade ou pulsar os botóns de dispara de xeito alternativo para tomar velocidade, mentres que as probas coma o lanzamento de martelo farán uso dos mandos analóxicos para tomar velocidade e dos gatillos para lanzar o obxecto, de xeito que a dinámica de uso deste xogo será bastante tradicional, sorprendendo que non haxa unha versión para Wii que achegue unha visión diferente e innovadora deste tipo de xogos.
O videoxogo oficial das Olimpíadas chegará a finais de mes para PS3, Xbox 360 e PC
Compartir Este Artigo

