
Contrastando as conexións de distintas operadoras, deducen que Vodafone é o operador que da máis velocidade, chegando a dar entre 2 e 2,5 Mbps en zonas con cobertura HSPA, seguido por Movistar (entre 1,7 e 2,1 Mbps) e Orange (entre 1,2 e 1,7 Mbps), aínda que estas velocidades só se acadan normalmente en grandes cidades, de xeito que cando só se ten cobertura UMTS as conexións descenden ata entre 600 Kbps e 1,2 Mbps (aínda que o máximo teórico sería de 3,6 Mbps).
Teriamos así que a chamada banda larga móbil serviría para ler o correo electrónico ou navegar pola web, pero o rendemento dependería moito das zonas de cobertura e, o que tamén queda claro é que non se pode comparar con conexións de ADSL ou cable (de aí que chamarlle ADSL móbil resulte moi esaxerado).
Un estudo expón que a velocidade da banda larga móbil é menor á metade do prometido polas operadoras
Compartir Este Artigo
